miércoles, 4 de marzo de 2015


Mimosa

Introducción

-Mimosa é un xénero que inclúe plantas herbáceas, arbustos, e árbores, dentro da subfamilia das Mimosóideas de las Leguminosas. A especie máis curiosa do xénero é Mimosa pudica, coñecida simplemente como «mimosa» ou sensitiva, debido ao modo en que move a súa follaxe ao ser tocado ou exposto á calor; pero hai moitas outras especies que tamén o fan ao atardecer.

 

Distribución e hábitat

-O xénero distribúese dende o sur de México, ata Uruguai e Arxentina, pasando por América Central, e é usado amplamente como ornamental, tanto en interiores coma en áreas mornas, e en exteriores nos trópicos. O seu cultivo fíxoa unha maleza invadindo moitas áreas, notablemente en Hawái.

 

Descripción

 Os membros deste xénero encóntranse entre as poucas plantas capaces do movemento rápido; os exemplos fóra de Mimosa inclúen Codariocalyx Hassk., e tamén Dionaea Ellis (coñecida como "atrapamoscas"). Mimosa pode distinguirse dun amplo xénero relacionado, Acacia e Albizia, posto que as súas flores teñen 10 ou menos estames. Nótese que, botanicamente, o que parece ser unha soa flor globosa é de feito un acio de moitos outros individuos.

 

Usos

En Rusia, Italia e outros países é costume regalarlles ás mulleres, mimosas amarelas (xunto a outras flores) no día Internacional da muller (8 de marzo). Esa flor é de Acacia dealbata, que non é unha verdadeira Mimosa.
É amplamente usada en perfumaría, a extracción da súa esencia con éter de petróleo efectúase directamente a partir das flores recollidas.
A Forêt de Mimosas é unha obra cantado en francés por Kirsty MacColl que se trata dunha muller asasinada polo seu amante nun bosque de mimosas.
A planta pode acharse en moitas partes de Bengala, onde llo coñece como lajjabati (literalmente muller avergonzada).

 
Por: Anty, Mary e Alex

0 comentarios :

Publicar un comentario